Tuesday 17 de September de 2024

O Concello insta novamente á Xunta a dotar dun bombeo ao Porto de Lorbé para o saneamento


O alcalde, Ángel García Seoane, volverá solicitar á Consellería do Mar a urxente necesidade da instalación dun bombeo para culminar a rede de saneamento do Porto de Lorbé. O Concello comprométese a conectar co tramo que falta ata a rede municipal.

O saneamento portuario é unha competencia autonómica, xa que a Xunta é a propietaria do porto e a encargada do seu funcionamento. O alcalde afirmou que o Concello colaboraría realizando o tramo que falta para a conexión coa rede municipal, pero a iniciativa ten que tomala Portos de Galicia, o organismo autonómico encargado destas xestións.

Os traballos consistirían en incorporar un sistema de bombeo para que as augas residuais das instalacións para armadores, a depuradora, a cafetería e as poucas vivendas do lugar acaben conectadas á completa rede xeral que dá servizo a todo o municipio, evitando os actuais vertidos na zona portuaria.